UNHA FELIZ ESTANCIA EN BRAGA, NILO JESUS GARCIA ARMAS

Dende o pasado 19 ó 26 de marzo, participei nun jobshadowing na acidade portuguesa de Braga, na Universidade do Minho.



A pesares de que aquí era a ponte de San Xosé, foi unha visita proveitosa, xa que coincidín con colegas clarinetistas, o profesor asociado da Universidade Xocas meijide, clarinetista baixo da Banda Municipal de A Coruña, e o director do Departamento de música, o profesor Vitor Matos, o que me contou as diferentes realidades do centro universitario.
Atopei con exalumno, Jorge Aldao, que está a rematar o Master (o Mestrado como din en Portugal) e nas xornadas abertas tamén participou a alumna de 6º Grado Profesional, Carolina Mera Ginés. 
Tiven diferente conversas co alumnado, o cal tamén explicou o plan de estudos que é diferente a España, 3 anos de licenciatura, 2 anos de mestrado e poden ir facendo a súa vez a tese, para o doutoramento, combinando con diferentes prácticas en conservatorios, ou institutos.
Unha grata sorpresa foi a Orquesta da Universidade polo seu bo nivel, ssobre todo nos instrumentos de corda fritada, que estaban a preparar un concerto de música relixiosa con soprano.

As instalacións do edificio requerne de mantenemento e mellorar as sías condición acústicas, pero o alumnado ten a sorte de disfrutar de moitas horas de práctica instrumental, o cal me parece unha boa opción para continuar os estudos profesionais, xa que está preto da cidade herculina, adúas horas e media de viaxe, e ademáis todo, vivienda e comidas é máis económico que en Galicia.


Comentarios

Entradas populares